Tuesday 07 de May de 2024

Obradoiros de postais e de coroas de nadal no Museo Os Oleiros


O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para dous obradoiros navideños de creación de coroas e postais.

No caso do das coroas estará impartido por Conchi Becerra de Alba Diseño Floral e será os días 15 e 16 de decembro. O de postais estará impartido por Antía e Jesús de El Tigre de Papel, o día 16.

Para apuntarse, as persoas interesadas deben dirixirse á web municipal. Para obter máis información sobre o obradoiro é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.

MÁIS INFORMACIÓN: https://www.oleiros.org/actividades-culturais